Queremos Galego celebra un acto en defensa da lingua

    QUEREMOS_GALEGO100.jpgCAMBADOS> Esta mañá, aproveitando o Día das Letras Galegas, a Plataforma Queremos Galego celebrou un acto en defensa da lingua.

    {flowplayer}images/salnes/DefensaLingua.flv{/flowplayer} 

    Para eles a xornada de hoxe debe servir para mobilizar á sociedade e demostrar que temos unha cultura viva e de futuro. Este acto forma parte dunha mobilización expansiva, celebráronse concentracións simultáneas en varias localidades galegas e mesmo fora de Galicia, na diáspora.

    O obxectivo é facer do Día das Letras Galegas unha xornada de reivindicación e mobilización social, para seguir demostrando que temos unha cultura viva. Para esta Plataforma, o galego está a sufrir nos últimos anos máis ataques ca nunca, polo que din, hai que loitar por defendelo.

    Durante o acto fíxose unha homenaxe a Lois Pereiro, ó que se adica este ano o Día das Letras Galegas, léronse distintos comunicados e houbo tamén actuacións musicais.

    Redacción Salnés