O luns reabre a captura da pescada

    PESCADA1 copia.jpg BARBANZA> A flota galega de artes menores poderá capturar 40 toneladas máis tralo acordo entre Secretaría Xeral de Pesca e as confrarías galegas e as do Cantábrico do Noroeste

    {flowplayer}images/salnes/PrazasVilagarcia.flv{/flowplayer}

    A flota galega de artes menores que esgotara o copo trimestral de pescada que tiña asignado poderá seguir capturando esa especie con cargo ós topes do terceiro ou cuarto trimestre do ano. Despois de recibir o visto bo da Secretaría Xeral de pesca e de expoñerlle a situación ós representantes do cantábrico noroeste, reabrirase a pesqueira cun copo de 40 toneladas. Copo que esperan lle permita aguantar ata o mes de xullo. As capturas de pescada pecháranse fai hoxe unha semana, días nos que non só se resentiron os máis de 4.000 barcos da flota de artes menores, senón tamén as prazas da comarca, que sufriron importantes perdas.

    Con todo, será o vindeiro luns o día no que se reabran as capturas. Tendo esta semana un festivo polo medio, e para evitar problemas, a Federación empregará estes días para informar a tódalas confrarías da situación. Para que todos estean en igualdade de condicións.

    Redacción Salnés