A quiniela deixa un premio de 190 mil euros en Noia

quinielanoia100.jpgNOIA> A quiniela do pasado domingo deixou en Noia un premio de cento noventa mil euros. O afortunado foi un dos cinco acertantes do pleno ó quince.

{flowplayer}barbanza/quinielanoia.flv{/flowplayer}

O afortunado acertante do pleno ó quince validou o seu boleto na administración María José Petisco, que xa conta no seu haber cunha longa lista de premios noutros sorteos. O ano pasado o sorteo da lotería nacional dos xoves deixou un primeiro premio e en 2008 tocaron unha quiniela e unha primitiva en menos de quince días. Premios que sempre contribúen a atraer máis clientes guiados pola boa racha da administración.

Despois da boa nova que supuxo este premio, á propietaria quédalle tan só pendente o Euromillón. Quen sabe se pronto os seus desexos se fan realidade convertendo en millonario a un afortunado veciño de Noia.

Redacción Barbanza