A Real Conservera Española retoma a actividade

    realconserveraactividade copia.jpg CAMBADOS> Trece traballadoras fixas discontinuas incorporáronse esta semana ó recibir atún e ventresca de atún. Preparan un pedido que irá para Italia.

    {flowplayer}images/salnes/RealConserveraEspanola_250511.flv{/flowplayer}

     Tal e como anunciara fai xa dúas semanas o conselleiro delegado da empresa, José Peña, esta semana a Real Conservera Española comezou de novo a produción. Foi gracias a chegada de atún e ventresca de atún coa calidade precisa para esta marca, que enlata productos galegos delicatessen. Agora traballan nun pedido para Italia.

    O día 10 deste mes, Comisións Obreiras denunciara a situación na que se atopaban as traballadoras desta factoría, que teñen contratos fixos discontinuos e que segundo o sindicato non estaban a traballar o tempo suficiente ó ano e non podían restrinxir estes acordos coa empresa. José Peña volveu a facer fincapé nesto, asegurando que neste momento a conserveira precisaba 17 mulleres para levar a cabo o pedido e que dúas das que foron chamadas para incorporarse rexeitaron a proposta por estar traballando noutros lugares, o que segundo el é unha mostra de que a Real Conservera Española non impedía as súas traballadoras buscar outros empregos. Este feito fixo que a empresa tivera que botar man dun contrato por obra. Segundo José Peña o obxectivo da factoría non é outro que crear riqueza.

    Esta semana a conserveira traballará unha tonelada de ventresta e aproximadamente 6 toneladas de atún.

    Redacción Salnés