O Alcalde e Tenente de Alcalde son denunciados por prevaricación

MUROS> O aparellador municipal de Muros, Fernando Rey, interpuxo no pasado mes de marzo unha denuncia contra o alcalde muradán,…

{flowplayer}images/salnes/denuncia_muros.flv{/flowplayer}

… o nacionalista Domingos Dosil; e o tenente de alcalde, o popular José Antonio Siaba. Foi este martes cando a xuíza admitiu a trámite esta querela onde se recollen cadanseu cargo por prevaricación e outro por atentado contra a integridade moral do funcionario.

A titular do xulgado muradán xa notificou ós denunciados a data de comezo das declaracións, que será o vindeiro luns día 30; e tamén citou a outros funcionarios e persoal do Concello en calidade de testemuñas dalgún acontecemento nos que se basea a denuncia, entre eles María Xosé Alfonso, a sucesora no cargo de alcaldable nacionalista de Domingos Dosil. Aínda que esta querella leva presentada desde o mes de marzo foi nun programa desta casa, no debate Contrastes, onde a candidata socialista destapou a lebre.

O denunciante non quixo facer declaracións públicas posto que asegura que se trata dun tema estrictamente profesional que só ten que ver cos seus dereitos como traballador e en ningún caso quería que fose feito público nun debate televisado nin que fora empregado como arma arroxadiza contra ningunha forza política. Pola súa banda, o alcalde muradán en funcións rexeitou facer declaracións máis aló de constatar que xa contaba ca notificación do xulgado desde primeiros da semana pasada.

Domingos Dosil prefire agardar á que salga o xuízo antes de facer unha valoración dos feitos. Esta denuncia chega nun mal momento no que aínda non está perfilado o futuro goberno municipal; posto que o PSOE volve a contar con maioría pero simple,o que dificulta a formación de goberno. Amais non se descarta que a outra forza de esquerdas, o BNG poida volver a pactar co PP que lidera de novo José Antonio Siaba.

Redacción Salnés