Centenares de maiores acoden ó Xantar da Terceira Idade

    xantarmaiores copia100.jpg CAMBADOS> Pulpo, empanada, viño, música en directo e boa compañía son algúns dos ingredientes que ano tras ano convencen os participantes.

    {flowplayer}images/salnes/XANTAR_MAIORES_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
    Cambados celebrou hoxe a nova edición do Xantar da Terceira Idade, cita que reúne a numerosos pensionistas e xubilados do municipio. Este ano, o pavillón de deportes do Instituto Ramón Cabanillas deu cabida a centenares de maiores cambadeses, que non quixeron perder a oportunidade de participar desta festa.
    Pulpo, empanada, viño, música en directo e boa compañía son algúns dos ingredientes que convencen os participantes nesta festa, que xa ten verdadeiros seguidores.
    Con esta cita, xa obrigada na axenda festiva de Cambados, o concello culmina o gran número de actividades que ó longo do ano celebran os maiores do municipio nos seus centros de ocio e agrupacións.
    Redacción Salnés