Ivil sinala o Conservatorio como o centro do seu traballo na área cultural

    culturaivil copia100.jpg VILAGARCÍA> A formación dividirá as diferentes áreas de traballo entre os membros que compoñían a lista da candidatura, a modo de goberno paralelo.

    {flowplayer}images/salnes/IVIL_CONSERVATORIO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
    Ivil presentou esta mañá a que será a súa estratexia de traballo para os vindeiros catro anos. A formación encabezada por José Luis Rivera Mallo, que repetirá no escano conseguido pola formación no concello, dividirá as diferentes áreas de traballo entre os membros que compoñían a lista da candidatura, a modo de goberno paralelo.
    Concretamente esta mañá presentouse a liña que marcará as peticións en materia de cultura, área que estará ó cargo da soprano María Dolores Crespo. As melloras do funcionamento do Conservatorio Profesional de Música centrarán a atención de IVIL, que pide a contratación continuada dos docentes, un aumento de prazas, unha maior dinamización das actividades e a realización de clases maxistrais e intercambios con outros centros.
    Unha aposta coa que IVIL busca promocionar os profesionais locais de todas as diferentes disciplinas artísticas.
    Redacción Salnés