O colectivo Joaquín Vieta súmase á loita polo mantemento da escollera

asociacionjoaquinvietaescollera100.jpgNOIA> O proxecto de mantemento e finalización do dique da ría de Noia que permita a creación dun porto navegable segue sumando apoios.

{flowplayer}barbanza/asociacionjoaquinvietaescollera.flv{/flowplayer}

Trala defensa da escollera propugnada por varios partidos políticos, agora é a asociación Joaquín Vieta a que se postulou a favor de rematar a canle iniciada na década dos cincuenta co obxectivo de recuperar o talante mariñeiro que sempre caracterizou á vila de Noia.

A primeira medida adoptada polo colectivo para amosar a súa aposta por un porto navegable para Noia foi a colocación dunha pancarta no balandro Joaquín Vieta que permanece encallado ó carón do malecón de Gasset. Pretenden así chamar a atención sobre a necesidade de devolver á vila seu carácter mariñeiro a través da náutica tradicional e de lecer.

Ponte máis alta

Dende o colectivo apostan polo remate da escollera non só para permitir a entrada de embarcacións ó porto senón tamén para evitar os graves danos que provocaría no ecosistema da ría a retirada das pedras que delimitan a canle. Danos que se virían sumar ós derivados da construción da ponte sobre a ría, proxecto no que piden que se dote dunha altura de vinte metros ó arco central para permitir o paso das embarcacións.

De cara ó futuro, a asociación fíxase como obxectivo converter a Noia en sede dun encontro de embarcacións tradicionais. Obxectivo que dependerá do novo goberno municipal quen deberá decidir se dá marcha atrás ou se, pola contra, continúa co polémico proxecto de retirada da escollera.

Redacción Barbanza