Os rapaces do CEIP de Castrelo aprenden a mariscar con ‘Educamar’

    fotoeducamarcopia.jpg CAMBADOS> Distinguir as clases de ameixa, coñecer o traballo das mariscadoras  ou a linguaxe do mar. Estes son os obxectivos deste programa dirixido ós máis cativos.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaNenosMarisqueoCambados.flv{/flowplayer}

    Este programa comeza cunha clase teórica no colexio, na que os nenos entran en contacto co traballo do mar, as distintas especies que se recollen, as labores das redeiras, ou a forma de facer a poxa do peixe na lonxa.

    Despois realízase unha saída ó mar para poñer en prática o visto na aula. E parece que a experiencia foi positiva, a pesares de que a maor parte deles son de zonas costeiras moitos non tiveran contacto antes co mundo do marisqueo.

    Dez colexios da comarca do Salnés, e un total de 600 nenos disfrutaron xa desta iniciativa, que está subvencionada pola Consellería do Mar. A asociación Guimatur agarda poder repetila nun futuro.

    Redacción Salnés