Domingos Dosil premiado polo seu traballo no eido da discapacidade

premiodosil_100.jpgMUROS> A Confederacion Española de Persoas con Discapacidade, COCEMFE, distinguiuno xunto con RTVE, Iberdrola e os concellos de Madrid e Elche.

A Confederación Española de Persoas con Discapacidade física e orgánica, COCEMFE, distingue cada ano a persoas e entidades que traballan no ámbito da discapacidade. Nesta edición un dos galardoados e o ex presidente fundador de Cogami e aínda alcalde muradán, Domingos Dosil.

{flowplayer}barbanza/premiodosil.flv{/flowplayer}

A confederación decidiu distinguilo na categoría traxectoria humana pola súa continua loita en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade así como o seu incansable traballo por conseguir un movemento asociativo consolidado en Galicia que contribua a mellorar a calidade de vida deste colectivo.

Inserción laboral e accesibilidade

A consecución deste premio a nivel nacional supón para Domingos Dosil un recoñecemento a unha intensa labor a que dedicou boa parte da sua vida. Na decada dos 90 foi vogal de Cocemfe, entidade que agora o premia; tamén asumiu a presidencia do Comite Español de Representantes de Minusvalidos en Galicia e foi presidente e fundados de Adibismur e Cogami, entidade a que estivo a cabeza durante dezasete anos. O seu obxectivo dende entón foi a creacion dun tecido empresarial baseado nunha estrutura de economia social que facilite a inserción laboral das persoas con menos posibilidades.

Tamen dende o eido institucional, como alcalde de Muros e cabeza do grupo nacionalistas nos ultimos catro anos ten traballado a reo para mellorar a accesibilidade dos servizos publicos.

Dosil comparte galardon coa corporación Radio Television Española, a Fundación Iberdrola e os concellos de Madrid e Elche. A gala de entrega de premios celebrarase o 17 de xuño en Madrid.

Redacción Barbanza