O BNG culpa ós socialistas de non posibilitar un goberno progresista

bngson.jpgPORTO DO SON>  Ánxela Franco arremeteu contra o ata de agora seu socio de goberno, que coa súa postura intransixente permitiu un acordo entre populares e independentes.

{flowplayer}barbanza/bngson.flv{/flowplayer}

O acordo ó que chegaron no día de onte populares e independentes en Porto do Son, que levará á fronte da alcaldía a Luís Oujo, volve a reabrir vellas feridas entre nacionalistas e socialistas no Son. Unhas feridas que parecían xa curadas despois de compartir durante este último ano e medio os designios do goberno sonense. Os nacionalistas culpan ó PSOE de non permitir un pacto de progreso, no que ademais destas dúas formacións entrase AVS.

Agradecementos

Dende a formación frentista aproveitouse tamén a rolda de prensa para agradecer a confianza amosada no pasados comicios municipais polos veciños da localidade, un feito que supuxo que o BNG se convertese na segunda forza política no Son con 1.237 votos.

Oposición seria

Por esta razón anunciaron que se poñerán a disposición de todos eles, realizando un labor de oposición serio, defendendo os intereses xerais, e facendo un seguimento de tódolos proxectos e actuacións que deixaron, a través da súa xestión, moi avanzados enriba da mesa, como é o caso do PXOM, a construción do punto limpo, o museo do mar, a piscina municipal ou o tanatoiro.

Redacción Barbanza