Renovación en tres das catro alcaldías do Barbanza

    plenosconstitucionbarbanza100.jpgBARBANZA> Os plenos de constitución nos deixaron sorpresas. As maiorías absolutas do PP, agás en Rianxo, garantiron a investidura dos seus candidatos.

    {flowplayer}barbanza/plenosconstitucionbarbanza.flv{/flowplayer}

    Riaxo é un dos concellos da comarca no que se produciu un cambio de siglas na alcaldía. O nacionalista Adolfo Muíños converteuse en novo alcalde grazas ó apoio do PSOE que durante as últimas tres décadas gobernou en solitario no municipio.

    Coalición estable

    Tras prometer o cargo con lealdade ó pensamento de Castelao expresado no Sempre en Galiza, o novo rexedor aludiu á estabilidade do novo goberno de coalición no que a oposición tamén estará ben presente.

    ‘Valores de progreso’

    En Boiro, Xoán Xosé Dieste recolleu o bastón de mando de mans de Xosé Deira quen durante os últimos oito anos ocupou a alcaldía.  O novo alcalde agradeceu o labor do seu antecesor e dos cidadáns que o escolleron para asumir o reto de levar Boiro cara o progreso.

    Relevo

    En Ribeira, Manuel Ruíz xurou o cargo ante os membros da corporación e os tres ex alcaldes do concello ós que quixo expresar o seu profundo agradecemento, especialmente a Xosé Luís Torres Colomer de quen toma o relevo.

    Sen cambios

    Así as cousas, A Pobra convértese no único concello da comarca que non cambia de alcalde coa reelección de Isaac Maceiras que afronta xa a súa cuarta lexislatura.

    Redacción Barbanza