Dous expertos franceses analizan as posibilidades da madeira nos R.B.

    expertosfranceses copia100.jpgPONTEVEDRA> O seminario “Madeira e Viño" profundou nestas experiencias nas que algunhas adegas da D.O.R.B. están a dar os seus primeiros pasos.

    {flowplayer}images/salnes/SEMINARIO_MADEIRA_VINO.flv{/flowplayer}

    As posibilidades da crianza en barrica dos viños, o mantemento da madeira ou aclarar tópicos estendidos sobre esta elaboración, centraron o seminario celebrado hoxe. Unha iniciativa coa que se quixo responder a unha inquietude do sector vitivinícola galego.

    Ó redor de dez adegueiros e enólogos da DO Rías Baixas puideron dar un paso máis no seu coñecemento sobre estas elaboracións da man do profesor do Instituto de Enoloxía da Universidade de Burdeos, Guy Gimberteau, e o director comercial da Tonnellerie Saint Martin, Ivan Klecker. Dous expertos na elaboración de viño en madeira que abre interesantes posibilidades para os Rías Baixas.

    Hai varios anos que algunhas adegas da DO lanzáronse a dar os primeiros pasos neste tipo de crianza, con estudos minuciosos dos procesos. Un traballo que está a dar interesantes resultados.

    Os tres expertos animaron a adegueiros e enólogos a seguir a traballar nesta liña. Ademais, o seminario rematou coa cata de seis viños de Rías Baixas, algúns escollidos por ser exemplos destes traballos na crianza en barrica.

    Redacción Salnés