Finca Atlántida inaugura as novas instalacións con grande éxito

    finca_atlantida100.jpgO GROVE> Estamos en plena tempada de vodas e se o que se busca é un ágape diferente, como por as mesas no xardín e con vistas ó mar, unha das opcións é Finca Atlántida

    {flowplayer}images/salnes/finca_atlantida.flv{/flowplayer}

    O GROVE> Estamos en plena tempada de vodas e se o que se busca é un ágape diferente, como por as mesas no xardín e con vistas ó mar, unha das opcións é Finca Atlántida. O sábado inaugurou as novas instalacións.

    Situada nun alto, no monte Siradella, e con espectaculares vistas á praia da Lanzada e ás illas Ons e Onza, temos Finca Atlántida. Desde a súa construción en 1958 a torre da súa mansión principal pasou a formar parte da paisaxe e historia do Grove. Ata agora moi poucos puideron entrar nesta propiedade, como Adolfo Suárez, que a elixiu para veranear cando era presidente do Goberno.

    O seu actual propietario decidiu facerse un oco no mundo da hostalería e abrir a finca a distintas celebracións. A empresa pontevedresa de asesoramento e consultoría Sens Gestión Hostelera encárgase de xestionar esta parte da finca, que estará aberta toda a tempada para todo tipo de eventos e festas privadas. Son 55 mil metros cadrados de terreo que van desde a praia da Lanzada ata o monte Siradella, con distintos espazos, cubertos e descubertos, con todo tipo de comodidades. A decoración e a distribución segue un estilo vangardista e de chill out.

    Finca Atlántida ten capacidade para unhas 400 persoas e, no caso de vodas, ofrece banquete, cerimonia, música, e decoración. Tamén dispón de cociña para uso de cátering, previa supervisión da empresa xestora.

    Redacción Salnés