O proxecto ‘Oysterecover’ tratará de recuperar a ostra plana en Galicia

    fotoplanostracopia.jpgVILANOVA> Esta iniciativa foi exposta hoxe ó sector ostreiro e os encargados de facelo foron os expertos do Cetmar.

    {flowplayer}images/salnes/ProxectoEuropeoOstra.flv{/flowplayer}

    Nesta xornada estivo presente tamén o Director Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro.

    O proxecto baséase na selección xenética reducindo así a incidencia das patoloxías máis asociadas ás ostras e, deste xeito, a mortandade.

    A alta mortandade da ostra plana, que é a ostra autóctona de Galicia, está a dificultar enormemente a súa produción. Os problemas fundamentais cos que se atopa o sector ostreiro son as patoloxías que afectan a este bivalvo, sobre todo a coñecida como Bonamiose, unha enfermidade que fai que sexa moi pouca a ostra que chega ó tamaño preciso para poder ser vendida, posto que morre antes. Deste xeito provoca que o seu cultivo non sexa rentable.

    Tratáse dun proxecto financiado pola Comisión Europea, que se plantexa cun prazo de 3 anos. E que ten como elemento fundamental a selección de estirpes. Este plan leva neste momento un ano funcionando e aínda que moitos dos seus resultados non poderán verse ata dentro de moito tempo, segundo os expertos é preciso tomar medidas canto antes.

    As institucións implicadas neste proxecto son a Universidade de Santiago de Compostela, o Centro de Invetigacións Mariñas da Consellería do Mar e a empresa Hijos de José María Daporta Leiro. Ademais da Confraría de Noia, da que se está a empregar o seu criadoiro de semente.

    Redacción Salnés