O tripartito de Noia reformulará o proxecto de rexeneración da ría

entrevistarafa100.jpgNOIA> Os tres grupos que conformarán o goberno están a perfilar os últimos detalles para o reparto das distintas áreas.

{flowplayer}barbanza/entrevistarafa.flv{/flowplayer}

Sen dúbida, un dos proxectos máis importantes na lexislatura que comeza será a rexeneración da ría, sobre a que PSOE e BNG tiveron ata o momento unha postura contraposta.

O alcalde amósase disposto a reformular a actuación aprobada por Costas para a retirada da escollera, co fin de buscar a solución máis beneficiosa para a vila sen ter en conta intereses partidistas.

Á espera de acordar as modificacións a incluír no proxecto, García Guerrero garante que non se perderá nin un só euro da subvención estatal próxima ós tres millóns de euros.

Modernización da administración

Xunto á rexeneración da ría, o tripartito aposta pola promoción da cultura e a modernización da administración para facilitar unha maior participación cidadá.

A pesar da polémica xurdida tralas eleccións coa escisión interna do BNG e o debate sobre o apoio á súa investidura, Rafael García Guerrero amósase convencido de que a que vén por diante será unha lexislatura tranquila na que os integrantes do goberno estarán á altura do nivel de esixencia dos cidadáns.

Redacción Barbanza