Ruíz, Freire e Xosé Lois Piñeiro representarán ó Barbanza na Deputación

novosdeputadosbarbanza100.jpgBARBANZA> A comarca contará con tres novos representantes na Deputación: os populares Manuel Ruíz e Santiago Freire e o nacionalista Xosé Lois Piñeiro.

{flowplayer}barbanza/novosdeputadosbarbanza.flv{/flowplayer}

O Partido Popular propuxo ó alcalde de Lousame, Santiago Freire, e ó novo rexedor ribeirense, Manuel Ruíz, como mellores opcións para formar parte da corporación provincial. Os dous mandatarios contan cunha ampla bagaxe política. No caso de Ruíz non só a nivel municipal senón tamén autonómico xa que exerceu como deputado no parlamento e voceiro do PPdeG.

Mediante esta proposta, respaldada polos seus compañeiros de filas, a cámara provincial contará cun representante da zona de Muros Noia e outro de Arousa Norte. Completan a lista como deputados suplentes Miguel Prado, de Muros, Carlos López Crespo de Outes e Luis Oujo de Porto do Son.

O representante do BNG será o concelleiro pobrense, Xosé Lois Piñeiro, que continuará co labor iniciado pola súa compañeira, Rosana Pérez, aínda que esta vez dende a oposición. Ocupan a suplencia a edil muradá, María Xosé Alfonso e o mazaricán Xan Blanco.

Sen representación

Pola contra, os socialistas que na anterior lexislatura ostentaban o goberno da deputación en coalición co BNG quedan sen representación comarcal.

A constitución da nova corporación provincial, pendente da resolución dos recursos presentados nalgúns concellos como Carballo ou Santiago, non se materializará ata mediados de xullo.

Redacción Barbanza