Desarticulan en Pontevedra un punto de venda ó ‘menudeo’ de cocaína

    oporquidea.jpg PONVEDRA> A operación saldouse con tres detidos, dous pontevedreses e un veciño de Poio que xa foron postos a disposición xudicial.

    O operativo para desarticular este punto negro de venta ó ‘menudeo’ de cocaína iniciouse no mes de marzo, cando chegaron ás dependencias da Comisaría Provincial de Pontevedra varias informacións nas que se alertaba de que nun piso da rúa San Antoniño, no poboado do Bao, ‘estarían vivindo varios inquilinos que se dedicarían de forma habitual á venda de pequenas cantidades de cocaína’, segundo se recolle no informe da Garda Civil. Comezan entonces as investigacións por parte dos axentes do Grupo Operativo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría de Pontevedra xunto coa Brigada Provincial de Seguridade Cidadá. Tras recadar os suficientes indicios, na mañá do pasado xoves, os investigadores seguiron a un dos inquilinos do piso nada máis subirse a un taxi que o conduciu ata O Bao. Ó baixarse do coche, os policías interceptárono e ó rexistralo atopáronlle varias cantidades de heroína e cocaína que presuntamente acaba de adquirir, polo que foi detido no momento.

    Logo de solicitar a pertinente autorización xudicial, esa mesma tarde os axentes procederon a entrar e rexistrar o domicilio no que residían os sospeitosos. Atoparon varias cápsulas de plástico con cocaína agochadas baixo unhas madeiras que funcionaban como tarima, así como unha báscula de precisión e outros instrumentos para a manipulación de droga e preparación das doses. No momento do rexistro atopábase no interior da vivenda outro dos sospeitosos, polo que tamén se procedeu á súa detención xunto co taxista que trasladara pola mañá ó outro apresado. Trátase de dous veciños de Pontevedra de 43 e 44 anos e un de Poio tamén de 43.

    Acúsaselles de ter cometido un presunto delito de tráfico de drogas. É máis, segundo os investigadores, o caso corresponderíase co definido no argot policial como ‘consumidor-traficante’, é dicir, ‘persoas que son toxicómanos –explica o informe- e que á vez surten a outros consumidores, financiándose deste modo o autoconsumo’. Á hora de realizar as vendas empregaban un ‘peculiar sistema’, como definen os axentes: por unha das fiestras do piso o inquilino recibía a droga e pola do lado contrario tirábanlle a dosis ó comprador que estaría abaixo agardando na rúa. Os tres detidos foron postos xa a disposición xudicial.

    Redacción Salnés