N.O.I.A. asumirá catro concellerías no goberno tripartito

tripartitonoia100.jpgNOIA> Tras apoiar a investidura de García Guerrero, Noieses Independentes Agrupados integraranse no goberno de Noia xunto con PSOE e BNG.

{flowplayer}barbanza/tripartitonoia.flv{/flowplayer}

O tripartito de Noia é xa unha realidade despois de que a executiva de Noieses Independentes Agrupados aprobara a súa incorporación ó executivo encabezado polo PSOE con apoio do BNG para conformar así un goberno en maioría.

Os independentes contarán coas competencias en comercio, turismo e Industria, relacións veciñais, emprego e promoción económica así como medio ambiente, rural e mariño.

Marisol Villar que contará con dedicación exclusiva asumirá tamén a segunda tenencia de alcaldía e a súa compañeira, Mónica González, a cuarta. Acordouse ademais unha xunta de goberno paritaria na que cada grupo contará con dous representantes.

Programas coincidentes

Para chegar á conformación deste goberno de maioría, o NOIA esixiu o respecto ó seu programa electoral; premisa que non será difícil de cumprir xa que, segundo a edil independente, coincide case nun oitenta por cento coas propostas socialistas.

Sen embargo, hai puntos nos que haberá que buscar unha saída consensuada como a tan polémica rexeneración da ría.

Redacción Barbanza