O INTECMAR acolleu unha xornada sobre o control das biotoxinas

    curso_intecmarcopy.jpgVILAXOÁN> Esta xornada enmárcase dentro do curso organizada polo Centro Oceanográfico de Vigo que conta con 11 alumnos de Latinoamérica.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADA_INTECMAR.flv{/flowplayer}

    Este curso, que xa pasa pola súa duodécima edición, vense desenvolvendo desde o pasado oito de xuño no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía. A finalidade deste seminario é comunicar e difundir o coñecemento sobre poboacións de algas nocivas e o control de biotoxinas mariñas a nivel internacional.

    Este curso sobre ‘programas de seguimento de bitoxinas mariñas segundo a regulamentación europea’ contempla visitas a diferentes centro galegos onde se investiga esta temática. Entre eles o INTECMAR, onde ademais de asistir ás clases das tres expertas do centro, tiveron ocasión de visitar as instalacións do instituto.

    Un total de once alumnos, investigadores procedentes de Brasil, Chile Uruguay, Cuba, México e Perú, participan neste encontro ata o vindeiro 24 de xuño.

    Redacción Salnés