Un turista perde a vida mentres nadaba na praia da Lanzada

    afogado_lanzadacopy.jpgGROVE> O home atopábase de vacacións no concello de Sanxenxo desde o pasado domingo cando chegou nunha excursión da terceira idade.

    {flowplayer}images/salnes/AFOGADO_LANZADA.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu ó redor das seis da tarde na praia da Lanzada, no termo municipal do Grove. Ó parecer dous homes estaban nadando cando un deles se deu conta de que o seu compañeiro comezaba a afogarse. Tentou axudalo saír á flote pero foi coa axuda doutras dúas persoas cando o puideron sacar da auga.

     Foi un particular o que deu a voz de alarma ó 112. Finalmente, a pesares de que os sanitarios o tentaron reanimalo home, non puideron facer nada por salvarlle a vida. O falecido, natural de Santander, estaba pasando uns días de vacacións no concello de Sanxenxo.

    Os dous homes chegaran o domingo desde Santander nunha excursión da terceira idade e desde entón estaban hospedados no hotel Os Naranjos, na Revolta, situado moi preto ó areal. Os seus compañeiros non saían do seu asombro. +

    Polo momento descoñécense as causas que provocaron a morte do home á espera de que se lle practique a autopsia. O seu compañeiro tivo que ser trasladado pola ambulancia do 061.

    Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil, Protección Civil do Grove, Bombeiros e un helicóptero que finalmente non se empregou.

    No areal non se atopaba ningún socorrista xa que a apertura oficial das praias do Grove non é ata o un de xullo.

    Redacción Salnés