O Pazo Baión abre as súas portas ó público

    PAZOBAION COPIA100.JPGVILANOVA> Durante a semana, a propiedade poderá recibir visitas concertadas, mentres que na fin de semana o horario será de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    Hai tres anos que a cooperativa Condes de Albarei adquiriu o Pazo Baión, tres anos durante os que teñen realizado unha importante labor de recuperación dos edificios, dos xardíns e dos viñedos que compoñen a propiedade.

    A partires desta idea, o arquitecto César Portela desenvolveu un importante proxecto coa intención de rematar co vencello que a historia creou entre o pazo e un dos clans dedicados ó narcotráfico máis importantes de Galicia.

    A pesares dos avances conseguidos, os traballos no edificio principal do Pazo, destinados a convertelo nun hotel con encanto, aínda non comezaron. Iso si, edificios restaurados, palmeirais, estanques e esculturas compoñen a nova concepción de Pazo Baión.

    O que si está en plena produtividade é a adega. Xa o ano pasado, a colleita Pazo Baión 2009 saíu ó mercado. Un viño 100% albariño con 6 meses sobre lías en depósitos de aceiro inoxidable que foi acollido con gran éxito no mercado; un recibimento que agardan conseguir despois do verán coa colleita do 2010.

    Redacción Salnés