Proliferan os roubos de cobre en Lousame

actosvandalicoslousame100.jpgLOUSAME> O concello de Lousame está a ser vítima nos últimos días de actos vandálicos sobre instalacións públicas e elementos patrimoniais.

{flowplayer}barbanza/actosvandalicoslousame.flv{/flowplayer}

O último episodio tivo lugar no albergue de Toxosoutos onde roubaron parte da cuberta de cobre dun dos edificios da reitoral. Cando o persoal encargado da súa xestión se achegou ata as instalacións, na tarde do mércores, atopouse coa desagradable sorpresa.

Hai dúas semanas tamén fora subtraído un canlón de cobre neste mesmo edificio e no centro cultural de Cabanetán así como treitos de cable de alumeado en varios puntos do municipio.

Rede organizada

Trátase dunha práctica xeneralizada que está a afectar tamén ós concellos de Rois e Brión polo que as autoridades piden unha investigación exhaustiva por parte da Garda Civil para dar cos delincuentes.

Desperfectos na piscina

Pero ademais dos roubos, outras instalacións públicas están a ser obxecto doutro tipo de actos vandálicos como é o caso da piscina.

Malia que se trata de delitos de diferente natureza, todos teñen consecuencias moi negativas para o concello que debe facer fronte á reparación dos danos con cargo ó presuposto municipal. De aí, que apelan á colaboración veciñal para evitar os ataques contra o mobiliario público.

Redacción Barbanza