Xogos, música e deportes servirán de aperitivo ó Xantar do Carneiro

    carneiro.jpg MORAÑA> O concello quenta motores de cara á XLII Festa do Carneiro ó Espeto. O programa inclúe actividades de todo tipo e para tódalas idades.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_CARNEIRO_ESPETO_MORANA.flv{/flowplayer}

    A programación das festas do Carneiro arrincará o sábado dous de xullo ás seis da tarde na Carballeira de Santa Lucía. Os máis cativos serán os encargados de inaugurar as celebracións cun obradoiro de xogos populares ó que seguirán outros de alimentación saudable, grafittis ou música electrónica, rap e hip hop para mozos de 15 anos en diante. Tamén poderán gozar dnha actuación circense, e como non, dunha festa da escuma e inchables. Os adultos tamén terán cabida neste apartado máis formativo do programa con talleres sobre masaxe ou sales de baño.

    Pasará por Moraña o monologuista Serxio Pazos e as competicións deportivas tomarán un protagonismo destacado, coas finais do décimo sexto torneo de tenis, a milla urbana, a festa da bicicleta, un campionato de natación ou o torneo de básquet 3×3.

    O 31 de xullo culminarán as celebracións co tradicional xantar do Carneiro ó Espeto, as dúas e media da tarde na carballeira de Santa Lucía. Lembrar que se queren facerse co lote do xantar para 20 comensais, poden realizar as reservas nas sucursais de Novacaixagalicia, Banco Pastor, o BBVA ou La Caixa de Moraña. Teñen un prezo de 300 euros, e inclúen un carneiro dasado de entre 12 e 14 quilos, dúas empanadas, pan, botellas de viño, auga e salsa especial para o asado así como servizo completo de mesa. O prazo para realizar as reservas remata o día 20 de xullo ás dúas da tarde.

    Redacción Salnés