A Xunta emprega as novas tecnoloxías para a formación lingüística

cursonormalizacion copia100.jpgSANTIAGO> O ente autonómico estrea os seus primeiros cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

{flowplayer}images/salnes/CURSO_LINGUAXE_EN_LINA_AMPLIADO.flv{/flowplayer}

Un paso adiante no aproveitamento das novas tecnoloxías e unha nova oportunidade para a conciliación familiar e laboral. Así se describiron esta mañá os novos cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica en galego, que a Xunta ofertará os funcionarios dos organismos públicos.

Para esta primeira edición de 2011, están convocados un total de 18 cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio, ademais doutros 4 para o persoal da administración de xustiza de Galicia e para o destinado fóra da comunidade.

Nesta tarefa, a Secretaría Xeral de Política Lingüística contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xustiza e do Instituto Nacional de Administración Pública, que celebraron esta nova modalidade de formación. Tamén participou a Escola Galega de Administración Pública, cuxo responsable resaltou o labor da administración de Galicia a prol da lingua.

Dentro da plataforma virtual dos cursos, o alumnado atopará numerosas ferramentas útiles para o desenvolvemento das actividades, podendo recorrer en calquera momento a glosarios con termos específicos da linguaxe administrativa e xurídica, vocabularios, manuais de estilo ou unha hemeroteca con artigos xornalísticos e de investigación vencellados a este campo.

Redacción Salnés