Cinco novas testemuñas na terceira vista pola ‘Operación Cormorán’

    testigoscormoran copia100.jpgPONTEVEDRA> Entre eles figuraron a ex-muller de Benito Suárez e curmá de Pelopincho, María Jesús Puente, e dúas fillas de Antonio Gómez, coñecido como Tucho.

    {flowplayer}images/salnes/VISTA_OPERACION_CORMORAN_MERCORES29.flv{/flowplayer}

    María Jesús Puente, curmá de Pelopincho e ex muller do que é considerado pola Fiscalía a súa man dereita, Benito Suárez, foi unha das testemuñas chamadas a declarar hoxe. Na súa comparecencia, María Jesús Puente asegurou non recordar a declaración que fixera no xulgado de Caldas, na que recoñecía a implicación de Pelopincho en negocios relacionados co narcotráfico.

    Tamén declararon dúas fillas de Antonio Gómez, máis coñecido como Tucho, ó figurar ós seus nomes dous automóbiles de alta gama que se relacionan con Pelopincho. Ambas negaron calquera coñecemento dos feitos.

    Despois da renuncia de varios avogados defensores ás súas testemuñas, a vindeira e última vista celebrarase o próximo mércores. Será entón cando comparezan dous traballadores da empresa Arte y Naturaleza que o Fiscal agarda esclarezan a implicación de Saladina Plaza, delegada da compañía, nos feitos. Tampouco descartan modificacións na consideración da participación de Natividad Laborde, muller do avogado Franco Argibay.

    A xornada de hoxe transcorreu sen incidentes, a excepción do protagonizado por Teresiña de Jesús. A muller tivo que abandonar uns momentos a sala tras sufrir un ataque de ansiedade.

    Redacción Salnés