O Náutico de Portonovo iza a bandeira azul por primeira vez

    fotoizadocopia.jpg PORTONOVO> O Presidente de Portos de Galicia, Álvarez Campana estivo presente esta mañá na colocación desta bandeira. Tamén se izou a do Porto Deportivo.

    {flowplayer}images/salnes/IzanBandeirasAzuisSanxenxo.flv{/flowplayer}

    Acompañado pola alcaldesa, Catalina González, o Presidente de Portos izou esta mañá a bandeira azul que onderá por primeira vez este ano no Club Náutico de Portonovo.

    Dixo Álvarez Campana que cada vez son máis os portos que contan con este distintivo, cun crecemento que os coloca xa en 13 instalacións portuarias con esta mención.

    O obxectivo da administración é que tódolos portos galegos teñan bandeira azul e para elo é preciso sumar o esforzo privado e o esforzo das institucións.

    A alcaldesa pola súa banda, asegurou que a prioridade do Concello é que Sanxexo continúe sendo un referente no que se refire a estes galardóns.

    Tamén fixo referencia Catalina González ás dúas praias que perderon este ano a súa bandeira azul, Baltar e A Panadeira.

    Con todo hai que destacar ademais que hai unha nova instalación que conseguiu o ecodistintivo, o Centro de Interpretación Ambiental "As Telleiras", en Vilalonga.

    Redacción Salnés