Os mariscadores atribúen a morte do marisco en Mañóns ó argazo

    mariscadorasmanos100.jpgBOIRO> Os mariscadores de Cabo de Cruz denuncian a alta mortandade do marisco na praia de Mañóns.

    {flowplayer}barbanza/mariscadorasmanos.flv{/flowplayer}

    Cando esta mañá, os traballadores baixaron ata o areal de Mañóns para extraer bivalvo atopáronse con esta desagradable sorpresa. Moreas de marisco morto que, segundo eles, débese á presenza de argazo.

    Os traballadores acusan a parte da directiva e, especialmente á presidenta, da agrupación de non planificar a limpeza das algas.

    Augas quentes

    Pola contra, dende a directiva insisten en que o marisco está a morrer pola elevada temperatura das augas e non pola presenza de argazo.

    De tódolos xeitos, está previsto que este sábado se leven a cabo as tarefas de limpeza na praia de Mañóns.

    Redacción Barbanza