Coches fúnebres e flores para protestar polo monopolio do tanatorio

    fotofunerariacopia.jpgVALGA> Aseguran que o tanatorio municipal está xestionado por unha única empresa que impide a libre competencia.

    {flowplayer}images/salnes/ManifestacionFunerariaValga.flv{/flowplayer}

    A pesares de que a Asociación agardaba unha maior participación finalmente foron ó redor de 50 os vehículos que participaron nesta marcha. Circulando a moi baixa velocidade fixeron o traxecto ata diante do Concello, o que causou bastantes retencións no tráfico.

    Unha vez aquí estacionaron os coches e entregaron un escrito para o alcalde. Diante do concello colocaron as coronas de flores que levaban os coches, con lemas como Non ó monopolio ou Maneiro mentireiro.

    Colocaron tamén un ataúde para simbolizar a morte das funerarias que terán que pechar se non se reestablece a libre competencia no seu mercado. Ademáis o Presidente da Asociación, presentou na administracion un escrito expoñendo os seus motivos e unha pequena furna para simbolizar tamén as cinzas das súas empresas.

    A Asociación provincial recibiu tamén o apoio de empresas de outras provincias como Coruña e mesmo do Norte de Portugal. Tamén teñen interposta unha denuncia ante o Valedor do Pobo, e ante o Tribunal da Competencia, que nestes momentos está en trámite.

    Redacción Salnés