Louzán anuncia reducións de ata un 30% en cargos e salarios

    COMISONGOBERNODEPUTACION copia.jpg PONTEVEDRA> O presidente da Deputación realizou este anuncio trala primeira xunta de goberno provincial. Os detalles coñeceranse en vindeiros días.

    {flowplayer}images/salnes/COMISION_GOBERNO_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    José Manuel Figueroa e Xosé Crespo serán os vicepresidentes da Deputación de Pontevedra nesta nova lexislatura e tamén actuarán como voceiros xunto á deputada Begoña Estévez. Este foi un dos anuncios realizados polo presidente provincial trala celebración da primeira xunta de goberno. Rafael Louzán quere que este órgano conte coa máxima implicación por parte dos deputados, por iso asistirán ás reunións os dezasete membros do grupo maioritario, o popular, aínda que só nove terán voz e voto na comisión, xa que así o establece a lei.

    Louzán informou tamén de que na liña de austeridade anunciada na sesión de constitución, reduciranse nun 30 por cento as dedicacións exclusivas, así como organismos autónomos, persoal de confianza, comisións informativas ous salarios. Os cambios daranse a coñecer nos vindeiros días.

    Esta primeira reunión prodúcese tras coñecer que a Deputación de Pontevedra vai recibir 21 millóns de euros procedentes de fondos europeos para catro proxectos de impulso ás novas tecnoloxías, eficiencia enerxética, inserción sociolaboral e outro para a conservación do patrimonio e gastronomía da comarca do Deza.

    Redacción Salnés