Catorce propostas distintas para saborear o bonito do norte

    bonito copia.jpg SANTIAGO> A consellería do Mar vén de editar un receitario para promover o consumo deste túnido entre a poboación galega.

    {flowplayer}images/salnes/RECEITARIO_CAMPANA_FAINO_BONITO.flv{/flowplayer}

    Pastel de bonito, un carpaccio ou hamburguesa de bonito con ovo cremoso de Arzúa Ulloa son tres das catorce receitas que se inclúen nesta publicación, ‘Aquí facémolo bonito’. É a nova iniciativa da consellería do Mar para animar á poboación a consumir este túnido como produto galego de calidade.

    A publicación destes receitarios enmárcase na campaña ‘Faino Bonito’ e nela participan os restaurantes da rede Galicia Gourmand. Xunto ós folletos, a iniciativa contempla outras accións para impulsar o consumo do bonito do norte, como a promoción do distintivo de calidade que indica que ese peixe pasou tódolos controis de trazabilidade esixidos.

    O impulso desta campaña a prol do bonito chega días despois de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición recomendara a nenos e embarazadas evitar o consumo doutras dúas especies de túnidos, o atún vermello e o peixe espada, polos elevados índices de mercurio. Desde a consellería do Mar xa se puxeron en contacto co Ministerio de Medio Ambiente para solicitar que se aclare á opinión pública o alcance do estudo realizado pola AESAN e que se expoñan as recomendacións sanitarias pertinentes sen crear alarmas inxustificadas que poidan danar ó sector pesqueiro.

    Redacción Salnés