A alcaldesa expulsa á voceira do BNG durante pleno de constitución

polemicaplenomuros100.jpgMUROS> A aprobación da proposta de dedicacións e retribucións do novo goberno municipal de Muros provocou o primeiro desencontro coa oposición.

{flowplayer}barbanza/polemicaplenomuros.flv{/flowplayer}

A proposta que finalmente saíu adiante contempla catro dedicacións: unha exclusiva para un concelleiro e tres parciais entre as que se atopa a da alcaldesa.

Expulsión

O grupo socialista conseguiu sacala adiante a pesar de gobernar en minoría, posto que no momento da votación non ocupaba o seu escano a voceira nacionalista que foi expulsada do pleno pola alcaldesa nada máis comeza-la súa intervención. Segundo ela, de xeito intencionado, para asegurarse a maioría suficiente.

Os nacionalistas cualifican de incongruente a actitude do grupo socialista que aproba esta proposta mentres ten presentado un recurso xudicial solicitando a devolución dos soldos percibidos polos membros do anterior executivo.

Consideran que o máis lóxico sería contemplar tan só unha dedicación exclusiva para a alcaldesa ante a incompatibilidade do seu posto como procuradora. E para o resto dos edís propoñían unicamente o cobro por asistencia a órganos colexiados.

Redacción Barbanza