Carmen Pardo amadriña a botadura do Cenor De Dietrich

VILAGARCÍA> Esta mañá foi presentado en Vilagarcía o Cenor De Dietrich, un novo barco da clase ORC que xuntará nas súas filas a numerosos regatistas de renome internacional. Patroneado por Martín Bermúdez, a súa primeira competición será dentro de escasos dez días no Trofeo Conde de Gondomar.

{flowplayer}images/salnes/cenor_120711.flv{/flowplayer} 

Presentación por todo o alto esta mañá no Porto de Vilagarcía do Cenor De Dietrich, unha embarcación Farr 50 que participará durante este verán en numerosas regatas para a clase ORC. Un proxecto ambicioso, formado por expertos e recoñecidos regatistas como o seu patrón, Martín Bermúdez. 

A temporada comezará para o Cenor De Dietrich o 22 de xullo en Baiona, co Trofeo Conde de Gondomar. O longo dos meses de agosto e setembro tamén participará na Rías Baixas, o Trofeo Infanta Elena, o Príncipe de Asturias e o Master Corte Inglés. O proxecto está amadriñado pola Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo. 

No acto tamén estiveron presentes entre outras autoridades o Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, e o vicepresidente da Federación Española de Vela, José Ángel Rodríguez.

Redacción Salnés