Canal Rías Baixas

Vilagarcía acolle o Cpto. Galego de ciclismo en ruta

VILAGARCÍA> A capital arousá volverá a ser foco de atención do ciclismo esta fin de semana. O domingo celébrase o Campionato Galego de ciclismo en ruta no que participarán 150 deportistas de toda a comunidade en cinco categorías diferentes.

{flowplayer}images/salnes/ciclismo_140711.flv{/flowplayer} 

Grazas á organización do Club Ciclista Lobeira, Vilagarcía volverá a acoller unha gran proba do deporte da bicileta. Trátase do Campionato Galego en ruta no que participarán máis de 150 deportistas de categorías, Senior, Master 30, Master 40, Master 50 e Master 60. 

A proba dará comezo ás 10:30 na Praza de Ravella, unha saída na que estará presente o alcalde Tomás Fole. Agárdase que dúas horas despois os primeiros participantes crucen a liña de meta situada no mesmo lugar.

Entre medias, os ciclistas terán que superar un percorrido de 86 quilómetros, non especialmente duros. Serán catro voltas a un circuíto que pasará polo Rial, Caleiro, Tremoedo, Pontearnelas, O Sixto e como maior dificultade, o Alto de Lobeira.

A entrega de trofeos terá lugar na propia Praza de Ravella, onde teñen confirmada a súa presencia numerosas autoridades.

Redacción Salnés

Exit mobile version