Incomunicados polo roubo de cobro

    roubo_cobre_cures.jpgBOIRO>  Os veciños da aldea de Cures están cansos dunha situación que comezou hai meses debido ao illamento que alenta aos ladróns

    {flowplayer}barbanza/cobre_boiro.flv{/flowplayer}

    Máis de dous días estiveron incomunicados os vintedous veciños da aldea de Cures, en Boiro, logo de ver como os cables do teléfono volvían desaparecer. Unha situación que comezou hai un par de meses e que afasta a este pequeno recuncho boirense máis do que estaba.

    Un lugar ao que non chega internet e que agora ve como as comunicacións por cable se cortan constantemente porque os operarios da compañía de teléfono asisten sorprendidos á continúa desaparición dos cables tanto dos que se gardan en bobinas coma do que xa está insertados no entramado final da rede.

    Telefónica volveu a establecer o servizo pero os afectados aseguran que son preto dunha ducia os veciños que sofren molestias cada vez que se producen estes incidentes, polo que lle esixen á compañía un maior compromiso coa súa situación.

    Redacción Barbanza