Multitudinaria Festa do Polo Asado en Ribadumia

    fotopoloribadumiacopia.jpg RIBADUMIA> A décimo sexta edición da exaltación deste prato repartiu máis de 1500 racións. Unha cita na que tampouco faltaron outros pratos tradicionais.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_POLO.flv{/flowplayer}

    O polo asado foi a estrela deste domingo en Ribadumia. Centos de veciños acudiron á Carballeira para degustar este prato do que se repartiron máis de 1500 racións.

    Un éxito ó que contribuíron os reducidos prezos do menú: unha ración de polo, outra de polbo e unha botella de viño, só por 7.50 euros.

    Tampouco faltou a esta décimo sexta xornada de exaltación a música. O trío Géminis e o dúo Medialuna animaron os asistentes, que participaron dunha verbena concorrida verbena diurna.

    E pola tarde, os protagonistas foron os máis pequenos. Xogos e inchables amenizaron para eles o resto do programa.

    Ademais da comida e da música, a organización sorteou seis galos, dúas televisións e dúas vaixelas entre os asistentes.

    Redacción Salnés