ENCE desenvolve un proxecto para eliminar o impacto oloroso no entorno

    ence copia100.jpgPONTEVEDRA> Unha auditoría sitúa a papeleira entre as industrias con mellores niveis de xestión ambiental de todo o mundo.

    {flowplayer}images/salnes/ROLDA_ENCE.flv{/flowplayer}

    Para os responsables da fábrica pontevedresa, os datos publicados pola auditoría son a mostra da aposta decidida que están a realizar pola innovación nas súas instalacións. Algo que sitúa a ENCE entre as fábricas cos mellores datos de xestión ambiental do mundo.

    Ademais deste obxectivo, continuar coas melloras no uso eficiente dos recursos e a redución do impacto oloroso das emisións da fábrica, figuran no seu plan para o futuro máis inmediato. Nesta última liña, ENCE está a desenvolver un proxecto coa Universidade de Santiago de Compostela.

    Por estes datos, o director de Ence manifestou a súa confianza á hora de conseguir a renovación da autorización ambiental integrada outorgada pola Xunta.

    Redacción Salnés