Os veciños de Orro demandan máis seguridade viaria

reportaxetraficoorro100.jpgNOIA> Os veciños de Orro reclaman á Xunta que mellora a seguridade viaria na estrada AC-550 ó seu paso por este núcleo.

{flowplayer}barbanza/reportaxetraficoorro.flv{/flowplayer}

Sen dúbida, a apertura do corredor entre Brión e Noia supuxo unha notable mellora nas comunicacións da comarca. Sen embargo, tamén tivo o seu impacto negativo en núcleos como Orro onde se sitúa un dos accesos á nova vía. Os veciños denuncian os prexuízos que lles está a ocasionar o incremento da densidade de tráfico.

Atascos

Pero ó problema da seguridade dos peóns engádense as constantes retencións de tráfico, que se agravan precisamente agora durante o verán. 

Agardan que a próxima apertura do enlace de Sampaio, aínda en obras, contribúa a aliviar o volume de tráfico. Aínda así consideran necesario que a Xunta acometa  xa unha serie de melloras.

Nas próximas semanas, os representantes do colectivo manterán un encontro co novo executivo municipal para trasladarlle as súas preocupacións.

Redacción Barbanza