Un mozo falece tras colisionar frontalmente con outro turismo

    accidente_rubianscopy.jpgVILAGARCÍA> O sinistro ocorreu ó redor das 21.45 da noite do martes. A vítima mortal, de 28 anos, era veciño de A Illa de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_MORTAL_RUBIANS.flv{/flowplayer}

    O accidente ocorreu no P.K. 235,950 da N-640, á altura da zona de Rubiáns, no concello de Vilagarcía. Coma consecuencia da colisión frontal entre os dous vehículos implicados, un dos condutores e veciño de A Illa de Arousa perdeu a vida sen que os servizos de emerxencias puideran facer nada por salvalo.

    Todo aconteceu onte ó redor das dez menos cuarto da noite. Os dous vehículos que se viron implicados, un volkswagen Passat e un ford Orion, circulaban en direccións opostas. Segundo informaron fontes da investigación, o primeiro deles estaba pilotado por un home de 67 anos que resultou ferido de escasa consideración. O outro turismo o conducía o mozo de 28 que faleceu pouco despois de que chegaron os servizo de emerxencias.

    Esta mañá aínda se podían ver as marcas no asfalto froito da colisión. Polo momento, descoñécense as causas que propiciaron a colisión frontal entre os dous turismos. Segundo as primeiras hipóteses, todo apunta a unha invasión do carril contrario por parte dun dos condutores provocada, posiblemente, por un despiste.

    Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo municipal de emerxencias alertados polo 112.

    Redacción Salnés