O Coruxo arrebata ó Vilalonga o Trofeo Xunca Blanca

portonovopretempada2 copia.jpg SALNÉS> Este foi un dos catro encontros de pretempada que se xogaron esta fin de semana na comarca. Os tres restantes saldáronse coas vitorias do Portonovo e Ribadumia ante o Negreira e o Mosteiro, e o empate entre Sanxenxo e Arosa.

{flowplayer}images/salnes/PRETEMPADAS_VARIAS.flv{/flowplayer}

O sábado o primeiro encontro enfrontou ó Portonovo co visitante Negreira. O choque saldouse cun resultado favorable para os de Luis Casais, que conseguiron o un a cero no marcador e equilibraron a balanza despois da derrota sufrida a semana pasada ante o Colmenar Viejo, no que fora o seu primeiro partido de pretempada. Os arlequinados demostraron estar preparados para o choque de máxima rivalidade desta fin de semana contra o Sanxenxo, no trofeo Hermanos Suárez.

A boa fortuna do Portonovo non se repetiu para o Vilalonga no seu primeiro partido de pretempada. O conxunto caeu a domicilio ante o Coruxo, por un marcador de 0-4 que lles custou o Trofeo Xunta Blanca. Os de Gabi Leis chegaron ó descanso xa cun 0 a 2 na súa contra, con tantos de Antúnez e Costas. Durante a segunda metade, Miguel Centrón e Yeray setenciaron o encontro. Os outros dous partidos da fin de semana, enfrontaron a equipos da comarca.

O choque entre o Sanxenxo e o Arosa en Baltar de Arriba rematou cun empate entre os de Calucho e Lino González, que aproveitaron para repartir minutos entre todos os xogadores. Pola súa banda, o Ribadumia impúxose ó Mosteiro por 2 a 1, nun partido dominado polos de Pablo Vázquez.

Redacción Salnés