O Club Mecos pide a dimisión da xerencia da Liga galega de Remo

remo2.jpgVILAGARCÍA> Ademais, solicitaron á xunta directiva que se retracte das decisións tomadas no seu día en relación á expulsión do club. Este considera que a acción foi ilegal. Se non se atenden as súas demandas, recorrerán a instancias deportivas e xudiciais.

{flowplayer}images/salnes/CLUB_REMO_MECO.flv{/flowplayer}

Esta situación remóntase á asemblea do 11 de xaneiro. Nese momento, modifícanse os estatutos da Liga Galega de remo. O Club de remo Mecos non asiste e, ó descoñecer que a cota de socio a tiñan que pagar ese día, foron expulsados.

En febreiro, foron readmitidos pero solicitaron á Liga unha copia dos estatutos e outra á Xunta. Para a súa sorpresa, o 14 de xullo reciben a resposta da Xunta e confirmaron que aínda estaban en vigor os estatutos do 2008.

Ante esta situación, con data do día 22, o club remitiu á Liga un escrito no que solicitaban a dimisión da administradora e esixían á xunta directiva que recoñecese os feitos.

Por último, o Club agarda que a xunta directiva convoque unha asemblea extraordinaria, senón, a vindeira semana tentarán convocala eles.

Redacción Salnés