O chill out arousán prolóngase ata o xoves

    chillout.jpgVILAGARCÍA> A Asociación de Hostaleiros e o Concello buscan compensar as tres sesións que tiveron que ser canceladas por mor das chuvias.

    O chill out “Ás 9 na praia” de Vilagarcía prorrogarase ata o vindeiro xoves. Deste xeito, a Asociación de Hostaleiros de Vilagarcía e o Concello buscan compensar as tres sesións que tiveron que ser canceladas esta semana por mor da chuvias, incluída a prevista para esta noite.

    Este espazo reanudará mañá as sesións, e ata o xoves pasarán pola praia da Concha os dj’s que non puideron pinchar debido ás cancelacións.

    Redacción Salnés