Tres albariños do Salnés, os mellores Rías Baixas do 2010

    xantaralbarino copia100.jpgCAMBADOS> Pazo da Bouciña, de Adegas Arousa, Esencia Diviña, de Adegas Gran Vinum, e Bouza de Carril, da adega co mesmo nome, coparon o podio.

    {flowplayer}images/salnes/XANTAR_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    Pazo da Bouciña, elaborado por Adegas Arousa, foi o albariño que se alzou coa medalla de ouro nesta vixésimo terceira edición da Cata-Concurso Rías Baixas Albariño. Durante o sábado e o domingo, 24 catadores analizaron un total de 60 marcas de caldos da DO da anada 2010, dos cales Pazo da Bouciña conseguiu a maior puntuación.

    Esencia Diviña, de Adegas Gran Vinum, e Bouza de Carril, da adega co mesmo nome, completan coas súas medallas de Prata e Bronce respectivamente un podio no que arrasaron os albariños do Salnés, elaborados por pequenas adegas da DO.

    Os premios entregáronse durante o xantar que celebra o nomeamento dos novos Cabaleiros e Donas do Capítulo Serenísimo do Albariño. Unha cita que centrou as intervencións na exaltación desta variedade.

    Ademais de numerosos membros do sector vitivinícola, ó xantar tamén asistiron, entre outros, o Conselleiro de Economía, Javier Guerra, a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a xornalista Cristina Ónega, que este ano incorpóranse á listaxe de Cabaleiros e Donas do Capítulo Serenísimo.

    Redacción Salnés