Arden dous coches no incendio dun garaxe en Meis

    incendiogaraxemeis copia.jpg MEIS> As primeiras hipóteses apuntan a que a causa do lume puido ser un curtocircuíto. Os bombeiros tardaron dúas horas en controlar a situación.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_GARAXE_MEIS.flv{/flowplayer}

    As forzas de seguridade investigan que foi o que puido pasar esta madrugada para que de boas a primeiras se iniciara un lume no garaxe desta casa, situada no número 36 da rúa Rialdonio, en Meis. Dentro había dous coches estacionados que tralo incendio quedaron totalmente calcinados. A intervención dos bombeiros do Salnés permitiu que as lapas non se estenderan cara a casa nin á pequena cociña situada ó carón do garaxe. A voz de alarma deuna o dono da casa veciña.

    No momento do incendio atopábase na casa a dona, duns 50 anos. Vive co seu marido, nestes intres embarcado. Tampouco o fillo estaba no domicilio, aínda que chegou pouco despois. O estado de nerviosismo da muller fixo que o 112 mobilizase a Urxencias Médicas.

    Á marxe dos danos nos coches e no garaxe, tamén se rexistraron algúns desperfectos na cociña anexa. Segundo informa Protección Civil de Meis, as altas temperaturas causadas polo lume fixeron que se derretera o frontal do frigorífico. Os bombeiros tardaron preto de dúas horas en controlar a situación.

    Redacción Salnés