O I Trofeo Rías Baixas queda en mans do Celta

celtaponte copia.jpg RIBADUMIA> Os celestes venceron por 1-2 ó Pontevedra Club de Fútbol nun partido sen grandes emocións. A destacar o papel de David Rodríguez, que interveu nas dúas xogadas de gol do Celta. Tras unha primeira parte de trámite, os granates espertaron á volta do descanso, pero pouco lles durou a enerxía, e foron perdendo presenza cara o final do partido.

{flowplayer}images/salnes/PONTEVEDRA_CELTA_RIASBAIXAS_2011.flv{/flowplayer}

A primeira edición do Trofeo Rías Baixas enfrontou no campo da Senra, en Ribadumia, a dous equipos que loitarán esta tempada polo mesmo obxectivo: o ascenso. A Primeira División no caso do Celta, e a Segunda B no caso dos de Milo Abilleira. Así que o partido de onte supoñía un dos últimos exames antes de entrar de cheo na tempada. Se ben semellaba que a vitoria estaba xa de anteman no lado dos celestes, o certo é que as diferenzas en canto a categorías non foron tan dispares no campo. Os de Paco Herrera saltaron ó céspede para asinar un primeiro tempo bastante plano en canto a xogo, no que apenas se rexistraron un par de oportunidades de gol, máis claras para o Celta, si, pero ningún dos dous conxuntos logrou evitar chegar ó descanso cun empate sin goles.

A incorporación de David Rodríguez cambio o rumbo do encontro. O xogador celeste estivo presente nas dúas xogadas de gol: a primeira, no minuto 60, colando o esférico na portería granate logo dun pase en profundidade de Joan Tomás; na segunda foi o encargado de centrar o balón para que Toni culminase a xogada cun cabezazo que non conseguiu deter o gardameta do Pontevedra.

A pesar de que os de Milo Abilleira comezaron o segundo tempo cunha maior presenza e creando incluso algunha ocasión de perigo, pronto comezaron a perder folgos. Baste dicir que o único tanto ó seu favor foi un gol marcado en propia meta por Túñez logo dun saque de esquina que non acertou a despexar.

Redacción Salnés