O concello tenta frear a acampada libre en Baroña

acampadalibre100.jpgPORTO DO SON> Medra a polémica ante o incremento da acampada libre nas inmediacións do Castro de Baroña.

{flowplayer}barbanza/reportaxeacampadalibre.flv{/flowplayer}

Dende hai anos que esta área, emprazada no monte que dá acceso ó castro de Baroña, é utilizada como zona de acampada. Sen embargo, o incremento de número de campistas rexistrado este verán provocou que o concello tomara cartas no asunto para minimizar a presión sobre este entorno de gran valor natural e patrimonial.

Sinais retirados

A pasada semana procedeu á colocación de carteis informando da prohibición de acampar pero as sinais desapareceron.

Prexuízos

Na outra carta da moeda están os cámpings da zona que, se ben economicamente non se ven prexudicados pola acampada libre, consideran que este tipo de turismo ocasiona outras molestias e danos, especialmente nun encrave declarado Ben de Interese Cultural.

O principal risco é o lume polo que apelan á prudencia das persoas acampadas na zona. Os campistas insisten en que se extreman tódalas precaucións á hora de acender un lume e que se mantén o monte en mellores condicións que naquelas parcelas forestais onde non hai acampada.

Redacción Barbanza