Falece un home de 51 anos esmagado por un muro

    falecidoderrubecaldas1 copia.jpg CALDAS> A vítima estaba traballando nunha parcela da súa propiedade. Foi precisa a intervención dos Bombeiros para rescatar o corpo.

    {flowplayer}images/salnes/FALECIDO_MURO_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Roldabas as doce e media da mañá cando un veciño de Caldas que responde ás iniciais A.A.T., de 51 anos de idade, estaba traballando no muro desta parcela. Manipulaba un montículo de terra e pedra cando de súpeto a superficie cedeu caéndolle enriba. O home quedou atrapado baixo a morea de escombros e a pesar de que se desprazou ata o lugar un equipo de Urxencias Médicas nada puideron facer por salvalo. De feito foi preciso mobilizar unha dotación dos Bombeiros do Salnés para rescatar o corpo da vítima de debaixo da morea de terra e pedras.

    O falecido era natural de Brasil aínda que levaba tempo residindo nesta casa da rúa José Salgado, da súa propiedade. Ó pouco de coñecerse a nova do accidente chegaban ó lugar o alcalde, Juan Manuel Rey, e outros membros da corporación caldense. Dúas horas máis tarde, en torno ás tres menos vinte, facía acto de presenza o xuíz para proceder ó levantamento do cadáver.

    Redacción Salnés