Sonia Álvarez acude ós Mundiais de policías e bombeiros

POIO> Unha axente da Policía Local de Poio, Sonia Álvarez, participará nos vindeiros Xogos Mundiais para Policías e Bombeiros que se celebra en Nova York do 26 de agosto ó 5 de setembro. Hoxe recibíu os ánimos de patrocinadores e representantes do concello antes de partir ós Estados Unidos.

{flowplayer}images/salnes/SoniaAlvarez_180811.flv{/flowplayer} 

O 26 de agosto arrancan en Nova York os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, que se extenderán ata o 5 de setembro nesta a súa decimoquinta edición. Alí estarán representados 70 países nas 69 modalidades deportivas programadas. Máis de 10.000 participantes, entre eles moitos españois das Policías Local e Nacional e da Garda Civil.

Unha das nosas representantes será Sonia Álvarez, policía en Poio, que participará en natación, nas probas de 50 e 100 espalda, 50 braza e 50 libres. Sonia acude coa boa experiencia acadada o ano pasado nos Europeos, onde colgouse tres medallas, unha delas de ouro.

Sonia aproveitou a ocasión para agradecer o apoio do seu adestrador e tanto de concello como patrocinadores que dixo, fan posible a súa presencia nesta competición internacional.

Durante a celebración do Xogos realizaranse diversos homenaxes a tódalas persoas falecidas nos atentados do 11-S, feito que este ano cumpre o seu décimo aniversario.

Redacción Salnés