Comeza un fin de semana de compras e descontos

    oportunidadescambados copia100.jpgSALNÉS> Cambados e Caldas acollen cadansúa feira de oportunidades. Citas nas que os comerciantes reúnen stocks de todo tipo de artigos.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_OPORTUNIDADES_CAMBADOS_2011.flv{/flowplayer}

    Cambados Zona Centro rompe este ano a bianualidade da súa feira de oportunidades, e celebra esta fin de semana a súa terceira edición.

    Dende roupa a electrodomésticos, teñen cabida no Paseo da Calzada, que unha semana máis está ocupado por 36 stands de 24 comercios, a gran maioría de Cambados.

    E é que as expectativas son inmellorables para esta cita, que volve contar co apoio das institucións, entre elas, a Xunta.

    Ademais de en Cambados, esta fin de semana as ofertas máis interesantes da comarca se atopan en Caldas.

    A súa feira de oportunidades cumpre este ano a cuarta edición, volvendo coa intención de repetir o éxito doutros anos.

    Agora tanto en Cambados como en Caldas miran ó ceo, agardando que o tempo lles acompañe esta fin de semana.

    Redacción Salnés