Segundo partido de preparación e segunda victoria para o Grupo Junquera. Logo de impoñerse o xoves ó Lobelle B por 4-2, no que foi o seu primeiro test de pretemporada, o sábado, tamén en Fontecarmoa, doblegaron ó Coruxo por 3-1.
Ben é certo que agás polo incentivo de levarse o Trofeo San Roque, no encontro non había demasiado en xogo. Pero o que tamén é verdade é que a imaxe que están a deixar os de Marcio neste arranque é para ser optimista.
Enfronte tiñan de novo un rival da súa categoría, o Coruxo. Os vigueses levaron o peso do partido durante boa parte do primeiro tempo, pero non concretaron en gol as ocasións das que dispuxeron. Sí o fixo o Junquera nos primeiros compases da reanudación con dous tantos de Pablo Durán e Víctor Méndez. Nos últimos minutos o Junquera puido incluso golear pero o Coruxo resistíu e arriscou ata acurtar diferencias a un para o remate.
Cos visitantes actuando con porteiro xogador, na derradeira xogada, Ángel dende o medio campo faría o 3-1 que deixou o Trofeo San Roque na casa.
Despois destes primeiros partidos ilusionantes, o Grupo Junquera seguirá a adestrar esta semana de cara a preparar do mellor xeito posible o seu inicio ligueiro, o 10 de setembro ante o potente Cidade de Narón.
Redacción Salnés